O presente portal está deseñado polo Servizo do Laboratorio de Seguridade da Información e parte coa confianza de elevar o nivel de seguridade da Información do Servizo Galego de Saúde.
O obxectivo é poñer a disposición dos usuarios un canle de comunicación para a consulta de preguntas frecuentes, notificacións de incidencias e formación específica en Seguridade TI entre outros asuntos.
O portal de seguridade reúne nun único sitio diferentes fontes de información avaliadas, garantindo a calidade e actualización dos seus contidos, e respectando a lexislación de propiedade intelectual.