A transformación dixital chegou para quedarse. O auxe experimentado polo cualificativo ‘intelixente’ é tendencia xa en moitos sectores, entre eles o sanitario.

En todos eles os novos avances tecnolóxicos supoñen tamén a aparición de vulnerabilidades que de non ataxarse a tempo poden afectar gravemente ós procesos produtivos. Búscase, polo tanto, integrar a ciberseguridade como un proceso máis dentro das organizacións.

No último encontro celebrado durante setembro en Galicia pola organización sen ánimo de lucro CCI (Centro de Ciberseguridade Industrial), compartíronse visións sobre o estado da ciberseguridade na industria pública e privada de esta comunidade autónoma.

O CCI declarou que máis do 50 % das organizacións galegas participantes no estudio levado a cabo non son conscientes do risco ó que están expostos os seus sistemas.

Debido a que non é posible alcanzar un nivel de seguridade do 100 %, as organizacións deben analizar os seus sistemas produtivos e buscar para eles a mellor solución.

Conclúen que tamén é necesario concienciar a todos os integrantes das organizacións, desde todos os postos ou responsabilidades. De nada serven as ferramentas tecnolóxicas que se implementan si se producen actuacións humanas, ben de forma intencionada, ben por descoñecemento, que provoquen un risco difícil de evitar.

Por último, alarman da notoria falta de profesionais en ciberseguridade; en Galicia percíbese necesario proporcionar máis formación a estos expertos xa que actualmente as súas capacidades non cumpren os niveis axeitados para afrontar a transformación dixital.

Fontes:

https://www.farodevigo.es/empresas-en-vigo/2018/09/20/sector-industrial-defiende-riesgos-digitales/1965198.html

https://twitter.com/info_CCI


Ministerio de Economía y Competitividad - Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional