​¿Que é o laboratorio de seguridade?

Obxectivos
O obxectivo do Laboratorio de Seguridade é dotar o Servizo Galego de Saúde dunha serie de servizos de seguridade da información, orientados ao ámbito sanitario de forma que o SERGAS ofreza un nivel de seguridade elevado e ao mesmo tempo o usuario perciba que a súa información é manexada coas máximas garantías de seguridade.

Servizos:
  • Xestión de Incidentes de Seguridade: Mediante este portal pódese reportar un incidente seguridade relacionado cos servizos ofrecidos polos Sistemas de Información do SERGAS.
  • Material Formativo e de Concienciación: Tanto dende o punto de vista técnico de seguridade coma dende o punto de vista do cumprimento normativo.
  • Documentación Técnica de seguridade: No enlace de Documentación e FAQ podes encontrar documentación acerca de seguridade da información.
  • Centro de Resposta ante Incidentes de Seguridade: O enlace do CERT contén unha breve descrición dos servizos ofrecidos e información das últimas vulnerabilidades descubertas, así como información de contacto.

Datos de cont​acto
Laboratorio.Seguridade@sergas.es​​​

Dúbidas, queixas, suxestións...
O Laboratorio de Seguridade da Información agradece a túa colaboración. Queremos coñecer a túa opinión sobre os tem​as que che preocupan para axudar a mellorar o noso servizo. Se ​tes calquera suxestión, dúbida ou queixa, por favor envíanos un correo á dirección sinalada nos datos de contacto ou pode cubrir o formulario de contacto disponible no seguinte enlace.

​​​​
​​​​​Enquisa de satisfacción
Tamén podes respondernos a unha breve enquisa que nos permitirá valorar de maneira obxectiva as diferentes accións que realizamos e que se editan neste portal. Se estás interesado en axudarnos, completa a seguinte enquisa e envíanola por correo electrónico. Axudarasnos a mellorar.

​​​​​Enquisa de satisfacción.pdfEnquisa de satisfacción.pdf
Ministerio de Economía y Competitividad - Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional