Que é a criptografía?


A criptografía é a ciencia que estuda os procesos de cifrado e descifrado das mensaxes.


Que é un algoritmo de cifrado simétrico, ou de clave secreta?

Un algoritmo de cifrado simétrico é aquel no que se emprega a mesma clave (unha única clave) tanto para cifrar coma para descifrar información. A clave debe ser custodiada en segredo por aqueles que vaian intercambiarse información cifrada. Proporcionan CONFIDENCIALIDADE da información intercambiada.


Que é un algoritmo de cifrado asimétrico, ou de clave pública?

Un algoritmo de cifrado asimétrico é aquel que emrega dúas claves diferentes para cifrar e descifrar información, chamadas habitualmente clave pública e clave privada. A vantaxe deste tipo de algoritmos é que se pode compartir libremente unha das claves (a clave pública) e a seguridade do algoritmo non se ve afectada. Proporcionan CONFIDENCIALIDADE da información que se intercambia, pero tamén ofrecen servizos de FIRMA DIXITAL-AUTENTICACIÓN e de NON REPUDIO en función de como se utilicen as súas claves.


Que é un hash?

Os hashes ou funcións resumo non c​ifran información nin empregan claves. Son funcións que comprimen información, datos ou mensaxes cunhas propiedades matemáticas moi especiais: un cambio nun único carácter da mensaxe orixinal xera un hash completamente diferente. Son imprescindibles para as comprobacións de INTEGRIDADE da información intercambiada.​​
Ministerio de Economía y Competitividad - Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional