Que é a Identificación?


A identificación é o proceso mediante o cal un usuario, dispositivo ou proceso se dá a coñecer ante un sistema.
 

Que é a Autenticación?

É un servizo de seguridade que consiste en demostrar e garantir que un usuario, dispositivo ou proceso é realmente quen di ser.
 

Que é a Confidencialidade?

É un servizo de seguridade que consiste en garantir que a información só é accesible a aquelas persoas autorizadas a iso.
 

Que é a Integridade?

É un servizo de seguridade que consiste en garantir que a información non pode ser alterada por persoas non autorizadas.
 

Que é a Dispoñibilidade?

É un servizo de seguridade que consiste en garantir que a información estará accesible sempre que se necesite.
 

Que é a Autorización?

O proceso de autorización consiste en comprobar se un usuario, dispositivo ou proceso pode ter acceso a un determinado recurso ou información.
 

Que é o non repudio?

É un servizo de seguridade que consiste en garantir que as partes involucradas nun intercambio de información non poida negar ilexitimamente que un determinado evento ou acción tivese lugar.
 

Que é a trazabilidade?

É un servizo de seguridade que consiste en garantir que se pode relacionar calquera acción realizada sobre un recurso co usuario, dispositivo ou proceso que a realizou e o momento en concreto que tivo lugar.
 

Que é unha firma dixital?

É un mecanismo de seguridade que, baseado no uso conxunto de mecanismos de cifrado de información e funcións hash, permite sobre un documento, información ou mensaxe autenticar o usuario que o xerou (autenticación), garantir que o contido non foi modificado (integridade) e que o emisor non poida negar telo xerado (non repudio).​
Ministerio de Economía y Competitividad - Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional