A
transformación dixital chegou para quedarse. O auxe experimentado
polo cualificativo ‘intelixente’ é tendencia xa en moitos
sectores, entre eles o sanitario.En
todos eles os novos avances tecnolóxicos supoñen tamén a aparición
de vulnerabilidades que de non ataxarse a tempo poden afectar
gravemente ós procesos produtivos. Búscase, polo tanto, integrar a
ciberseguridade como un proceso máis dentro das organizacións.
No
último encontro celebrado durante setembro en Galicia pola
organización sen ánimo de lucro CCI (Centro de Ciberseguridade
Industrial), compartíronse visións sobre o estado da
ciberseguridade na industria pública e privada de esta comunidade
autónoma.
O
CCI declarou que máis do 50 % das organizacións galegas
participantes no estudio levado a cabo non son conscientes do risco ó
que están expostos os seus sistemas.
Debido
a que non é posible alcanzar un nivel de seguridade do 100 %, as
organizacións deben analizar os seus sistemas produtivos e buscar
para eles a mellor solución.
Conclúen
que tamén é necesario concienciar a todos os integrantes das
organizacións, desde todos os postos ou responsabilidades. De nada
serven as ferramentas tecnolóxicas que se implementan si se producen
actuacións humanas, ben de forma intencionada, ben por
descoñecemento, que provoquen un risco difícil de evitar.
Por
último, alarman da notoria falta de profesionais en ciberseguridade;
en Galicia percíbese necesario proporcionar máis formación a estos
expertos xa que actualmente as súas capacidades non cumpren os
niveis axeitados para afrontar a transformación dixital.
Fontes:
https://www.farodevigo.es/empresas-en-vigo/2018/09/20/sector-industrial-defiende-riesgos-digitales/1965198.html
https://twitter.com/info_CCI