Ten moito tempo, pero o phishing segue sendo unha das estafas máis populares en internet, coa creación de webs falsas ou emails que suplantan identidades. Este caso entra dentro do apartado de webs falsas, pero é moito máis difícil de detectar, posto que se emprega o mesmo nome do dominio que a web lexítima, pero utilizando consoantes ou vogais que teñen un punto debaixo da letra, caracteres latinos tamén incluídos en Unicode.
Aparte de ser difícil de detectar, e máis aínda en dispositivos móbiles con pantallas moito máis pequenas, o contido destas páxinas é un calco da web orixinal e, ademais, utilizan un certificado SSL válido, polo que son marcadas como seguras polos navegadores como Google Chrome.
Ministerio de Economía y Competitividad - Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional