Que ían producirse ataques durante as olimpiadas de inverno, dábase por feito. A cuestión era como de graves ían ser e quen os podería cometer. Segundo a intelixencia estadounidense, foi Rusia a que estivo detrás do Olympic Destroyer durante a cerimonia de inauguración. Provocou o corte de bastantes sistemas de televisión, redes wifi e a propia web das olimpiadas antes de que empezase a cerimonia, pero non foi capaz de tumbar o evento.
Aínda que as autoridades non explicaron como chegaron a esta conclusión, parece que o comportamento de Olympic Destroyer recorda moito ó que Rusia empregou contra Ucrania o ano pasado, e que se coñeceu como NotPetya. Afirman que Rusia intentou que parecese que Corea do Norte estaba detrás, empregando o que se coñece como “false flags”. Así, deixaron pegadas que suxerían que tanto Corea do Norte como China eran as culpables, e, ademais, deixaron rastros intencionados con direccións IP norcoreanas.