Non é que vaia a emitirse a vida de ninguén por televisión, pero un virus como Skygofree pode tomar o control dun smartphone e empregar a cámara para facer fotos ou vídeos, ademais de ter a capacidade de acceder a todo o contido almaceado no móbil e de poder ser controlado de forma remota.
Segundo Kaspersky, trátase dunha evolución dun virus que xa apareceu en 2014. Agora, a aplicación maliciosa instálase como aplicación protexida, e así non se desconecta cando a pantalla está apagada. Propágase a través de páxinas web que imitan os sitios de operadores móbiles, onde o usuario descarga la aplicación como se fose un novo servizo da operadora.
Para evitar a Skygofree, o mellor é instalar aplicacións unicamente da Play Store ou de outras tendas de confianza contrastada como Amazon, e desconfiar do ofrecemento de descargas de APK desde sitios web que non sexan oficiais.
https://securelist.com/skygofree-following-in-the-footsteps-of-hackingteam/83603/
Ministerio de Economía y Competitividad - Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional