As incidencias de seguridade son anomalías inesperadas que afectan ou poden afectar á seguridad​e e supoñer un perigo para a confidencialidade, dispoñibilidade ou a integridade dos datos. 

 

¿A quen debe notificarse estas incidencias de seguridade?

O Laboratorio de Seguridade, que é o encargado de aportar unha serie de servizos de seguridade á comunidade sanitaria galega e proporcionarlle un nivel de seguridade adoitado. Con isto búscase que o usuario poida ter a tranquilidade de que a súa información está sendo tratada coas máximas garantías de seguridade.

Entre estes servizos encontramos algúns como:

  • Xestión de incidentes de seguridade: Mediante este portal, é posible reportar un incidente de seguridade, tanto interno como dende o punto de vista dos usuarios do Servizo Galego de Saúde.
  • Material Didáctico e de Concienciación: Proporcionarase documentación que aborde temas referentes á Seguridade da Información tanto dende un punto de vista técnico como dende o punto de vista de cumprimento normativo.
  • Documentación técnica de seguridade.
  • CERT: Centro de Resposta a Incidentes de Seguridade.

¿Como informar ante un incidente ó Laboratorio de Seguridade?

Simplemente sería necesario complementar o seguinte formulario, onde é esencial que nos indique:

  • Nome completo​
  • Dirección de email de contacto (*)
  • Descrición do incidente
  • Sistema ou servizo afectado
  • Data do incidente

Notificar incidencia>>​​


 * Se quen o notifica posúe usuario SERGAS, por favor indíque no campo Dirección de email de contacto o seu email do SERGAS.​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​

Ministerio de Economía y Competitividad - Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional