As incidencias de seguridade son anomalías inesperadas que
afectan ou poden afectar á seguridade e supoñer un perigo para a
confidencialidade, dispoñibilidade ou a integridade dos datos.
¿A
quen debe notificarse estas incidencias de seguridade?
O Laboratorio
de Seguridade, que é o encargado de aportar unha serie de servizos
de seguridade á comunidade sanitaria galega e proporcionarlle un nivel de
seguridade adoitado. Con isto búscase que o usuario poida ter a
tranquilidade de que a súa información está sendo tratada coas máximas
garantías de seguridade.
Entre
estes servizos encontramos algúns como:
- Xestión de incidentes de seguridade: Mediante este portal, é posible reportar
un incidente de seguridade, tanto interno como dende o punto de vista dos usuarios do Servizo Galego de Saúde.
- Material
Didáctico e de Concienciación: Proporcionarase documentación que aborde temas referentes á Seguridade da Información tanto
dende un punto de vista técnico como dende o punto de vista de
cumprimento normativo.
- Documentación técnica de
seguridade.
- CERT: Centro de Resposta a Incidentes de Seguridade.
¿Como
informar ante un incidente ó Laboratorio de Seguridade?
Simplemente
sería necesario complementar o seguinte formulario, onde é esencial que nos
indique:
- Nome completo
- Dirección de email de contacto (*)
- Descrición do incidente
- Sistema ou servizo afectado
- Data do incidente
Notificar incidencia>>
*
Se quen o notifica posúe usuario SERGAS, por favor indíque no campo Dirección de email de contacto o seu email do SERGAS.